Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración, en concreto, de utilidade pública da subestación de Boimente de 400 kV. (Expediente 6/2000).

Para os efectos establecidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e nos artigos 10 e 31.4º do Regulamento sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado por Decreto 2619/1966 do 20 de outubro, normativa que resulta de aplicación en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, sométese ó trámite de información pública a petición de autorización administrativa e declaración, en concreto, de utilidade pública da subestación de Boimente de 400kV, da que as características principais son as seguintes:

-Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

-Domicilio social: paseo Conde de los Gaitanes, 177. La Moraleja-Alcobendas, 28109-Madrid.

-Denominación: proxecto de execución da subestación de Boimente 400 kV.

-Situación: concello de Viveiro (Lugo).

-Orzamento total: 1.345.181.832 pesetas.

-Descricións técnicas: subestación transformadora 400/132 kV para conexión ó sistema eléctrico e evacuación de enerxía producida nos parques eólicos da zona, composta por parque de intemperie de 400 kV, edificio de control, casetas de relés autotransformador 400/132/33 kV de 450/450/125 MVA ONAN/ONAF/OFAF de potencia nominal e tranformador para servicios auxiliares 33/0,38 kV de 630 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

-Finalidade da instalación: esixencia de conexión ó sistema eléctrico dun elevado continxente de xeradores eólicos integrados no Plan Estratéxico Rexional na provincia de Lugo, e que se localizan nunha das zonas máis idóneas para o devandito aproveitamento enerxético de todo o territorio nacional, así como reforza-la rede de transporte na zona, permitindo mellora-la seguridade e fiabilidade do sistema, tanto a escala nacional como rexional.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto de execución da instalación nesta delegación provincial, e formulárense, ó mesmo tempo, as alegacións que se consideren oportunas, por triplicado e no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lugo, 20 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo