Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.956

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se convocan cursos de informática para persoal dos grupos C e D de corporacións locais.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2000, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude, que figura ó final da convocatoria como anexo II, cuberto en tódolos epígrafes, e no que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo I da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberá especifica-la orde de preferencia o responsable de persoal. No caso de non se especificar, a EGAP aplicará os criterios de selección ós que se fai referencia na base cuarta.

2. A falsidade ou a ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias rematará 15 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Terceira.- Tramitación das solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.41º da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificaráselles directamente ós admitidos.

Cuarta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 12 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públicos os criterios xerais de selección, e na do 27 de xuño de 1994 pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 10 o número mínimo de asistentes por curso.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, que supere o 15% das horas lectivas programadas imposibilitará, igualmente, a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSO DE MANEXO DA INFORMACIÓN NUMÉRICA NA ADMINISTRACIÓN LOCAL

1. Obxectivos.

Aprender a manexar datos numéricos co ordenador. Consecución de resultados, xa de forma numérica ou gráfica, cos datos introducidos.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais integrado nos grupos C e D ou asimilados.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas de realización:

Santiago: EGAP, 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11 e 15 de maio de 2000.

A Coruña: 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 e 11 de maio de 2000

Lugo: 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 e 11 de maio de 2000.

Ourense: 15, 16, 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de maio de 2000.

Pontevedra: 2, 3, 4, 5, 8, 9, 10 e 11 de maio de 2000.

3.3. Horario: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 en cada localidade.

4. Contido:

Concepto de programa de folla de cálculo. Filas, columnas, celas e libros. Entrada de datos nunha folla de cálculo. Almacenamento e busca de arquivos. Valores constantes e fórmulas. Referencias relativas, absolutas e mixtas. Referencias a outras follas e a outros libros. Nomes de celas e de rangos. Uso de nomes nas fórmulas. Formato de celas. Largo de columnas e alto de filas. Estilos e modelos. Eliminar e inserir celas, columnas e filas. Copiar e pegar. Buscar e substituír. Documenta-lo traballo con notas nas celas. Consolidar follas do mesmo libro ou de libros distintos. Traballos de impresión. Funcións. Creación de gráficos. Bases de datos. Análise de datos.

CURSO DE XESTIÓN DE DATOS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL

1. Obxectivos.

Aprender a organizar e a manexar grandes cantidades de información. Saber obter resultados da información almacenada.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais integrado nos grupos C e D ou asimilados.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas de realización:

Santiago: EGAP, 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26 e 27 de xuño de 2000.

A Coruña: 29, 30 e 31 de maio e 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de xuño de 2000.

Lugo: 29, 30 e 31 de maio e 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de xuño de 2000.

Ourense: 31 de maio e 1, 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de xuño de 2000.

Pontevedra: 12, 15, 16, 18, 19, 22, 23, 24, 25 e 26 de maio de 2000.

3.3. Horario: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 en cada localidade.

4. Contido.

Definicións iniciais. Tipos de bases de datos e características fundamentais. Creación con Access dunha nova base de datos. Relacións entre táboas. Consultas. Formularios. Informes. Importación, exportación e xuntado de táboas.