Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.959

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluídos no concurso 6/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999.

Publicadas por Resolución do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 44, do 3 de marzo), as relacións de solicitudes admitidas e excluídas no concurso 6/1999, convocado por Orde do 1 de decembro de 1999, e transcorrido o prazo que se establece nela para presenta-las correspondentes alegacións, unha vez examinadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións de solicitudes admitidas e excluídas no concurso 6/1999.

Segundo.-Publica-la relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.

Terceiro.-A relación de solicitantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, na Dirección Xeral da Función Pública e oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación definitiva de instancias excluídas do concurso 06/1999

Apelidos e nomeDNINRPConselleríaMotivo da exlución

Barreiros Fuentefria, Antolín44.449.2784444927868A114630
Casasnovas Docasar, Fernando34.972.6803497268013A2059Sanidade e Servicios Sociais27, 53, 55
Freire Gallego, Carlos34.604.0483460404835A2053Familia e Promoción do Emprego27, 53

Relación das causas de exclusión

10. Fóra de prazo.

20. Non presenta-lo orixinal do anexo II.

21. Falta de sinatura no anexo II.

22. Non especificar quén certifica o anexo III.

23. Non ser competente quén certifica o anexo III.

24. Non estar asinada a totalidade da certificación anexo III.

25. Non figura-lo nome de quen solicita o certificado anexo III.

26. Non ter cubertos datos imprescindibles da Certif. (anexo III).

27. Non presenta-la documentación establecida na base III.2.

28. Emendas, raspaduras ...

30. Non ser funcionario da Administración da Xunta de Galicia.

31. Persoal ó que se refire a base I.2.

32. Menos de 2 anos desenvolvendo posto con carácter definitivo.

33. Instancia incorrecta.

35. Non pertencer a corpo/escala/especial das prazas solicitadas.

36. Suspensión de funcións.

38. Excedencia voluntaria interese particular (menos de 2 anos).

39. Non reuni-los requisitos do corpo ou escala.

50. Renuncia por obter outro destino por convocatoria pública.

51. Non presenta-lo orixinal do certificado (anexo III).

52. Non solicita ningún posto dos ofertados.

53. Non presenta-lo certificado (anexo III).

54. Excluída fase de resultas. Non cumpre punto I.5 do baremo.

55. Non reuni-los requisitos esixidos na base I da convocatoria.