Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/431-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Concello de Dozón.

Domicilio social: 36518 Dozón.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estación depuradora e bombeo augas. Polígono industrial.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.089 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 8 da L.M.T. ó polígono industrial de Dozón, ata o C.T. que se proxecta xunto ó río Pulgán, no concello de Dozón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., de 38 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 6 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra