Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Astariz-San Matías (concello de Lugo) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 28/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Astariz, cunha tensión de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Abelaira e remate no C.T. de Astariz, cunha lonxitude de 1,458 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 8 apoios de formigón e 6 metálicos.

2. Liña de media tensión aéra ó C.T. de San Matías cunha tensión de 20 kV, orixe no P-6 da L.M.T. ó C.T. de Astariz e remate no C.T. de San Matías, cunha lonxitude de 0,294 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 1 apoio de formigón e 2 metálicos.

3. Centro de transformación intemperie de Astariz, situado en Astariz, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de San Matías, situado en San Matías, cunha potencia de 50 kVA, e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión de Astariz, con orixe no C.T. de Astariz, cunha lonxitude de 2,455 km e 56 apoios de formigón.

6. Liña de baixa tensión de San Matías, con orixe no C.T. de San Matías, cunha lonxitude de 1,825 km e 39 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966; poderán corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualemente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 28/1999 A.T. Provincia: Lugo.

R. de Astariz e S. Matías liñas de M.T. ós CC.TT. de Astariz e S. Matías.Termo municipal: Lugo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8AOs OlmosPradoJosé Salvador Becerrar/ Montirón, 103

Lugo

22308

8CBouzas VellaLabor e pradoCarmen Salvador BecerraVeterinario Rof. Codina, 18-2º

27002 Lugo

50700

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13Pena da MulaArboredoUbaldo Fariña LageAvda. Coruña 133, 1º B

27003 Lugo

80,6469,71903

14Pena da MulaMonteUbaldo Fariña LageAvda. Coruña 133,1º B

27003 Lugo

18805

15Pena da MulaArboredoÁngel Fariñas LageTrav. Meicende, 29-3º B

15142 Arteixo (A Coruña)

90,3245630

16Pena da MulaMonte baixoÁngel Fariñas LageTravesía Meicende, 29-3º B

15142 Arteixo (A Coruña)

9 e 100,9270980

19CastrillónPradoDivina Yañez PradoAstariz

27231 Veral (Lugo)

120,321101.540

20CastrillónArboredoAmanda Yañez PradoGundín, 8

27191 Benade (Lugo)

12 e 131,761101.540

22CastrillónPradoAmanda Yañez PradoGundín, 8

27191 Benade (Lugo)

58812

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 28/1999 A.T. Provincia: Lugo.

L.M.T. a C.T. San Matías.Termo municipal: Lugo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4BecerretasMonte baixoÁngel Fariñas LageTrav. Meicende, 29-3º B

15142 Arteixo (A Coruña)

684

7Bouzas VellaPradoRosa Salvador BecerraMontirón, 105

27002 Lugo

10,329,42132

8Bouzas VellaLabor e PradoJosé Bellás RonVeterinario Rof. Codina, 18-1º

27002 Lugo

17238

9Bouzas VellaPradoCarmen Salvador BecerraMontirón, 103

27002 Lugo

12168

10Bouzas VellaPiñeirosJosé Salvador BecerraMontirón, 103

27002 Lugo

20,60901.259

12Bouzas VellaPradoJosé Salvador BecerraMontirón, 103

27002 Lugo

20272