Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 202/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea 15/20 kV de 965 m de lonxitude ó centro de transformación no lugar de Seixo, no termo municipal de Laracha (expediente 202/1999), por resolución desta delegación provincial do 27 de decembro de 1999 a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con domicilio na rúa Tte. Xral. Gómez Zamalloa, nº 9-1º, 15005 A Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 28 de abril de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Laracha, deducida de que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal El Ideal Gallego, de datas 25-11-1999, 27-9-1999 e 15-10-1999, respectivamente; acto ó que deberá concorre-lo propietario proposto do predio afectado, ó que se lle practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo da acta nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os

titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña