Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/364-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Reguengo.

Situación: As Neves.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. Liñares-Tortoreos ata o C.T. que se proxecta en Reguengo, concello das Neves. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 110 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presentan alegacións as propietarias dos predios números 1 e 3. A propietaria do nº 1 di que ten unha casa en construcción con licencia desde o ano 1996,

e que de mante-lo trazado da liña esta sobrevoará o tellado da súa vivenda. A propietaria do nº 3 di que xa ten previsto construír no terreo, polo que non autoriza o paso da liña, porque xa ten unha afección anterior.

A empresa eléctrica contesta á primeira alegación dicindo que se comprobou sobre o terreo que a liña non sobrevoa o tellado da casa, senón que pasa por unha parte do predio que ten o prado como cultivo. Trasladado o escrito á propietaria, esta contesta que non se autorice o trazado da liña e que non se teña en conta a contestación da empresa eléctrica por presentala fóra do tempo regulamentario que establece a Lei 30/1997 e Decreto 2619/1966.

Respecto á segunda alegación a empresa di que o trazado elixido é, dentro dos tecnicamente posibles, o menos prexudicial para a zona e que a servidume de paso non impide ó dono do predio servente cercalo, plantar nel ou edificar, deixando a salvo a dita servidume. Enviada copia deste escrito á propietaria, esta contesta que se nega a que se lle afecte o seu terreo polo paso da liña, porque xa ten unha afección anterior.

Considerando que a propietaria do predio nº 1 ten construído parte do edificio polo que poder ser de aplicación o artigo 25 do Decreto 2619/1966 de que en cambio a propietaria do predio nº 3 non comezou a dita edificación.

Vistos e cumpridos os tramites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos Decretos 2617 e 2719/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, quedando condicionado o seu trazado ó respecto do artigo 25 do Decreto 2619/1966 no caso de que sobre o predio nº 1 poida existir unha das prohibicións nel enunciadas. As súas características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra