Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.871

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

O punto 1 da base novena da Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), modificada pola resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que, unha vez recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición, e que quedarán en expectativa de nomeamento ata que se lles adxudique un posto de traballo con destino provisional en atención ás vacantes que se vaian producindo na clase respectiva, pola orde de puntuación final do concurso-oposición, se procederá á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se ofrecen ós aspirantes seleccionados e cítanse a estes para o acto de elección de destino.

Por todo isto, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de prazas vacantes que se ofertan ós aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, que se inclúen no anexo desta resolución, e que

pertencen ás direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Convócanse tódolos aspirantes seleccionados das clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino provisional, pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia en favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accedesen polo sistema de promoción interna.

Terceiro.-O acto de elección de destinos terá lugar ás doce horas do día 13 de abril, na sede da División de Recursos Humanos do Sergas, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.

Cuarto.-Os interesados deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino ante a División de Recursos Humanos do Sergas, mediante comparecencia expresa do poderdante e do apoderado.

Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos puntos anteriores.

No suposto de que algún dos aspirantes seleccionados estivese desenvolvendo outro posto de traballo no sector público, poderá solicitar por escrito, no dito acto de elección, o pase á situación administrativa que corresponda. Para tal efecto, xunto coa solicitude deberá presentar certificación acreditativa de atoparse en situación de activo noutro posto de traballo do sector público con referencia ó día anterior ó da realización do dito acto de elección de destino.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Código do postoDenominaciónNivelLocalidadeProvincia

SGS991000715001022Inspector médico26Coruña, ACoruña, A

SGS991000715001028Inspector médico26Coruña, ACoruña, A

SGS991010115350001Inspector médico26FerrolCoruña, A

SGS991010115350002Inspector médico26FerrolCoruña, A

SGS991000727001010Inspector médico26LugoLugo

SGS991000727001011Inspector médico26LugoLugo

SGS991000727001012Inspector médico26LugoLugo

SGS991000727001013Inspector médico26LugoLugo

SGS991000727001014Inspector médico26LugoLugo

SGS991010127085001Inspector médico26BurelaLugo

Código do postoDenominaciónNivelLocalidadeProvincia

SGS991010127085002Inspector médico26BurelaLugo

SGS991010127300001Inspector médico26Monforte

de Lemos

Lugo

SGS991000732001011Inspector médico26OurenseOurense

SGS991000732001012Inspector médico26OurenseOurense

SGS991000732001013Inspector médico26OurenseOurense

SGS991000732001014Inspector médico26OurenseOurense

SGS991000732001015Inspector médico26OurenseOurense

SGS991000736560017Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991000736560021Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991000736560022Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991000736560023Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991000736560024Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991000736560027Inspector médico26VigoPontevedra

SGS991010136001001Inspector médico26PontevedraPontevedra

SGS991010136001003Inspector médico26PontevedraPontevedra

SGS991010136001004Inspector médico26PontevedraPontevedra

SGS991000732001007Xefe unidade control prestación farmacéutica28BOurenseOurense

SGS991000715001041Subispector sanitario20Coruña, ACoruña, A

SGS991000715001042Subinspector sanitario20Coruña, ACoruña, A

SGS991010115350006Subinspector sanitario20FerrolCoruña, A

SGS991000727001020Subinspector sanitario20LugoLugo

SGS991010127085004Subinspector sanitario20BurelaLugo

SGS991010127300004Subinspector sanitario20 Monforte

de Lemos

Lugo

SGS991000732001027Subinspector sanitario20OurenseOurense

SGS991000736560049Subinspector sanitario20VigoPontevedra

SGS991010136001008Subinspector sanitario20PontevedraPontevedra

SGS991010136001009Subinspector sanitario20PontevedraPontevedra