Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.872

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servicios xerais, de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á conclusión da fase de oposición.

O punto 1 da base sexta B) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que, rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e se abrirá un prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

Ademais, sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá facer que superen a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

Adoptado acordo ó respecto polo tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servicios xerais, procede agora darlle

publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servicios xerais.

Segundo.-Publica-la relación alfabética dos aspirantes que superaron a fase de oposición.

Terceiro.-Abri-lo prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen, nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de Información ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións dos centros de xestión de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa Casado de Alisal, número 8, 28014, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais da documentación que poida ser baremable, en todo caso achegarase inescusablemente:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría.

c) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da convocatoria.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos