Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.863

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian as vacantes para cubrir no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 10 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 24).

Para darlle cumprimento ó establecido na trixésimo cuarta das normas comúns das convocatorias previstas na Orde do 10 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia, do 24), esta dirección xeral

RESOLVE:

Anuncia-las vacantes recollidas na planificación escolar que serán cubertas no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

Táboa de especialidades:

21 LOXSE 1º ciclo ESO-Ciencias Sociais: Xeog. e Historia.

22 LOXSE 1º ciclo ESO-Ciencias da Natureza.

23 LOXSE 1º ciclo ESO-Matemáticas.

24 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Castelá e Literatura.

25 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Estranxeira: Inglés.

26 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Estranxeira: Francés.

27 LOXSE 1º ciclo ESO-Educación Física.

28 LOXSE 1º ciclo ESO-Música.

31 LOXSE primaria-Educación Infantil.

32 LOXSE primaria-Idioma Estranxeiro: Inglés.

33 LOXSE primaria-Idioma Estranxeiro-Francés.

34 LOXSE primaria-Educación Física.

35 LOXSE primaria-Música.

36 LOXSE primaria-Ed. Especial: Pedagoxía Terapéutica.

37 LOXSE primaria-Ed. Especial: Audición e Linguaxe.

38 LOXSE primaria-Educación Primaria.

60 LOXSE 1º ciclo ESO-Ed. Especial: Pedagoxía Terapéutica.

61 LOXSE 1º ciclo ESO-Ed. Especial: Audición e Linguaxe.

67 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Galega.

83 LOXSE primaria-Galego.