Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.838

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 3 de abril de 2000 pola que se dispón a separación de diversos vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Tralas modificacións producidas nas titularidades de centros directivos desta consellería e nos órganos de goberno das asociacións representativas das corporacións locais de Galicia, faise necesaria a renovación dos seus representantes no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia.

Por iso, de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

DISPOÑO:

Artigo 1º

Separar a Ramón Ordás Badía e Ignacio Lizaur Otero das súas condicións de vocais en representación da Consellería de Industria e Comercio no Consello de Administración do Inega, agradecéndolle-los servicios prestados.

Artigo 2º

Separar a Julio Álvarez Núñez, na súa condición de vocal en representación das corporacións locais, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio