Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.839

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 3 de abril de 2000 pola que se dispón o nomeamento de diversos vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Coa finalidade de nomea-los vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación desta consellería e das corporacións locais, por proposta da Fegamp, e de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear a Jesús Vázquez San Luis e Ramón Fernández-Linares Bouza vocais no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación da Consellería de Industria e Comercio.

Artigo 2º

Nomear a Enrique Fernández González como vocal no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación das corporacións locais.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio