Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corparación, na sesión que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2000, acordou someter a información pública, durante o prazo dun mes, as modificacións que deben introducirse, para dar cumprimento ás condiciósn do informe emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no proxecto de modificación puntual das determinacións do Plan xeral en San Lázaro, que fora aprobado inicialmente polo Pleno do Concello o 27 de decembro de 1996.

As modificacións sinaladas afectan á clasificación do solo non urbanizable situado ó oeste dos terreos propiedade da Administración autonómica (antigo hospital de San Lázaro e terros anexos), que o proxecto inicialmente aprobado incorporaba ó réxime do solo urbanizable.

Para dar cumprimento ó informe da consellería mantense a súa clasificación como solo rústico ou non urbanizable de réxime común (Ordenanza 14)

sen posibilidade de urbanización a través da aprobación dun plan parcial, e establécese o trazado da rede de vías e servicios complementaria da zona de equipamento público, que será executada pola Administración autonómica ó abeiro do previsto nos artigos 77 da LSG e 20 da Lei 6/1998 sobre réxime do solo e valoracións.

A aprobación definitiva da modificación e do correspondente plan especial de desenvolvemento implicará a declaración de utilidade pública, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que sexa preciso ocupar para executa-las citadas instalacións.

Relación de parcelas afectadas:

338, 339, 342, 344, 345, 346, 348, 349, 351, 352, 353, 355, 356, 357, 358, 359, 360, 361, 362, 363, 365, 366, 400, 401 da concentración parcelaria de San Fiz de Forá.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente no negociado de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas respecto das modificacións propostas.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde