Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria que tivo lugar o 23-3-2000, adoptou entre outros, o acordo de aprobar inicialmente a instancia de Ramón Souto Caneda e outro, en representación de Uneda, S.L. e Maña, S.L. o estudio de detalle e o proxecto de compensación do predio nº 425 de Cacheiras, clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie neta de 6.900 m, e linda: norte camiño de acceso ó campo da festa de Cacheiras; sur: edificio en construcción; leste: mesma propiedade e oeste: propiedades particulares e estrada comarcal de Santiago de Compostela-A Estrada (C-541).

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 30 de marzo de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde