Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 21 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o Plan Parcial do Solo Ubanizable non Programado

Número 10 (SUNP-10), Carme de Abaixo-As Arrepentidas, promovido por Santiago Montero Viña.

En cumprimento do que dispón o artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

O plan parcial contén a delimitación de dous polígonos (A e FF), que se propón desenvolver polo sistema de compensación.

A aprobación inicial do citado plan parcial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación.

O ámbito obxecto de ordenación atópase delimitado polo río Sarela e a Calzada do Carme de Abaixo (á altura dos números 10 ó 13); pola Corredoira das Arrepentidas (a partir do número 7), e polas traseiras de edificacións con fronte á rúa de Poza de Bar.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, ou ben interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde