Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación e adaptación do Plan parcial das Fontiñas.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 25 de xuño de 1999, aprobou definitivamente a modificación e adaptación do Plan parcial das Fontiñas con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP o día 17 de febreiro de 2000 o texto íntegro da normativa urbanística da modificación do Plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que esta deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde