Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (53/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 9 de marzo de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da zona 3 do SU-17 do PXOU de Ourense por petición de Manuel Cruz Rodríguez en representación de Clara Luisa Ojea Bóveda, María Raquel Vázquez Fernández e Antonio Ojea Bóveda.

2. Determinar como sistema de actuación urbanística o de compensación.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódolas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de marzo de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente