Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Cumprindo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia o estudio de detalle para a ordenación de volumes en soar con fachadas á Avda. da Mariña e Avda. Álvaro Cunqueiro-Foz, redactado polo arquitecto José Luis Eimil Trasancos e promovido por Vego Supermercados, S.A., e aprobado inicialmente por decreto da Alcaldía con data do 22 de marzo de 2000.

Foz, 22 de marzo de 2000.

José María García Rivera

Alcalde