Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o 27 de xaneiro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle presentado por Orosa de Castro, S.L. para reordenación do volume edificable número 374-376 da estrada de Castela de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

Visto o expediente de estudio de detalle presentado por Oroso Castro, S.L. para reordenación do volume edificable no número 374-376 da estrada de Castela.

Resultando que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 28 de outubro do 1999, aprobou inicialmente o referido estudio de detalle, que foi sometido a información pública durante o prazo dun mes, sendo exposto no taboleiro de edictos do concello, publicado en A Voz de Galicia do 13 de novembro de 1999 e DOG nº 239, do 14 de decembro, durante o cal non se presentaron alegacións.

Na súa virtude, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión do 21 de xaneiro de 2000, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñe-lo Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.- Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Orosa Castro, S.L. para reordenación do volume edificable no nº 374-376 da estrada de Castela.

Segundo.-Proceder á súa publicación regulamentaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano

que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos Arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redaccción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no Art. 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Ferrol, 1 de marzo de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde