Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación dos servicios de limpeza no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicios de limpeza no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

2.2. Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns cincocentas setenta mil (3.570.000) pesetas, IVE incluído. (21.456,13 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata: setenta e unha mil catrocentas (71.400) pesetas (429,12 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata: cento corenta e dúas mil oitocentas (142.800) pesetas (1.442,43 euros).

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente