Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (104/1999).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución número 104/1999, seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Gil Paz, contra a empresa Técnicas Constructivas Mato, S.L., sobre Exec. SMAC, por resolución desta data acordouse sacar a poxa pública e por termo de vinte días os bens embargados á executada que se citarán máis adiante, e sinalar para a celebración da primeira poxa o día 4 de maio do presente ano. No caso de esta quedar deserta, sinálase para a segunda poxa, e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 25 de maio, de tamén resultar esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% da primeira, o día 15 de xuño do mesmo

ano, todas elas ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/Viena, s/n do polígono das Fontiñas, desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non se puidese celebrar calquera das poxas nos días e horas sinalados, celebraranse no día hábil seguinte, á mesma hora, exceptuando os sábados, e rexerase polas seguintes condicións:

a) Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a alínea a), xuntando comprobante dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/Senra nº 3-5, conta nº 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios se poderá efectuar en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó Xulgado no se puidese celebrar calquera das poxas nos días sinalados, celebraranse no seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto da poxa.

Lote número un:

1. Unha fotocopiadora cor gris marca Panasonic, modelo FR-7113 de 220-240 voltios, nº de serie IHLGA914550, valorada en 80.000 ptas.

2. Unha calculadora marca Citizen, modelo CX-123A nº 970203, valorada en 5.000 ptas.

3. Unha mesa de aproximadamente 1,50x1,00 m de formica branca para delineación, apoiada sobre unhas patas metálicas e regulable, xunto cunha cadeira xiratoria de rodas de cor negra, que é parte da mesa, valorada en 20.000 ptas.

O valor total do lote nº un é de cento cinco mil pesetas (105.000 ptas.).

Lote número dous:

1. Unha máquina de escribir eléctrica, marca Olympia, modelo Carrera de Luxe, 230 voltios, DBP VFG 24311991 de cor gris clara, valorada en 15.000 ptas.

2. Un fax teléfono, marca Panasonic, modelo KX-F 2510SP nº Rex. DGT0206, número certificado AGT E01960028, número de serie 7GBU17004425 cor gris escura, valorado en 15.000 ptas.

3. Unha unidade modelo P120/5116b número de serie OK-00217, valorada en 50.000 ptas.

4. Unha mesa escritorio de madeira cor faia e patas de chapa de madeira de cor negra, valorada en 15.000 ptas.

5. Un monitor pantalla marca Adi Provista, de cor gris, s/n 835022140800036A, valorado en 10.000 ptas.

O valor total do lote número dous é de cento cinco mil pesetas (105.000 ptas.).

Lote número tres:

1. Unha unidade marca Hyundai, modelo Pentium II co número 41X19949, valorada en 50.000 ptas.

2. Un monitor pantalla marca Astro, nº de serie EL3C01682, gris, cunha pantalla filtro marca Basf, valorado en 10.000 ptas.

3. Unha impresora marca Okipage 16N, serie 883A3047712K1169, valorada en 30.000 ptas.

4. Unha impresora Panasonic matricial, modelo nº XXP1695, valorada en 15.000 ptas.

O valor total do lote número tres é de cento cinco mil pesetas (105.000 ptas.).

Valor total da taxación: trescentas quince mil pesetas (315.000 ptas.).

Os referidos bens encóntranse depositados no domicilio social da empresa Técnicas de Construcción Mato, S.L., sita na r/ Eduardo Pondal nº 3, Entresoll., Pontevedra, sendo despositario deles o representante legal da empresa, Juan José Abalo Laya.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de dous mil.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado