Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.808

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (50/1998).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución número 50/1998, seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Facal Recarey, contra a empresa Señarís y Vázquez Promotores, S.L., sobre resolución de contrato, por resolución desta data acordouse sacar a poxa pública e por termo de vinte días os bens embargados á executada que se citarán máis adiante, e sinalar para a celebración da primeira poxa o día 4 de maio do presente ano. No caso de esta quedar deserta, sinálase para a segunda poxa, e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 26 de maio, De tamén resultar esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% da primeira, o día 16 de xuño do mesmo ano, todas elas ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, s/n do polígono das Fontiñas, desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non se puidese celebrar

calquera das poxas nos días e horas sinalados, celebraranse no día hábil seguinte, á mesma hora, exceptuando os sábados, e rexerase polas seguintes condicións:

a) Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a alínea a), xuntando comprobante dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/ Senra nº 3-5, conta nº 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios se poderá efectuar en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó Xulgado no se puidese celebrar calquera das poxas nos días sinalados, celebraranse no seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto da poxa.

Lote único.

Tractor marca Ebro 155 Eda 13 matrícula C-102393-VE, que se valora na cantidade de 350.000 ptas.

O valor total do lote é de trescentas cincuenta mil pesetas (350.000 ptas.)

O referido ben encóntrase no depósito municipal de vehículos desta cidade sito na Pulleira s/n. Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de dous mil.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado