Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (138/1999).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución número 138/1999, seguidos neste xulgado por instancia de Patricia Patiño Muñiz, contra a empresa Servicio Informático de Compostela, sobre despedimento, por resolución desta data acordouse sacar a poxa pública e por termo de vinte días os bens embargados á executada que se citarán máis adiante, e sinalar para a celebración da primeira poxa o día 4 de maio do presente ano. No caso de esta quedar deserta, sinálase para a segunda poxa, e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 25 de maio, De tamén resultar esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% da primeira, o día 15 de xuño do mesmo

ano, todas elas ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, s/n do polígono das Fontiñas, desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non se puidese celebrar calquera das poxas nos días e horas sinalados, celebraranse no día hábil seguinte, á mesma hora, exceptuando os sábados, e rexerase polas seguintes condicións:

a) Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a alínea a), xuntando comprobante dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/ Senra nº 3-5, conta nº 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios se poderá efectuar en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado no se puidese celebrar calquera das poxas nos días sinalados, celebraranse no seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto da poxa.

Lote número un:

1. Un ordenador Hacer-Basic L.R. con pantalla, CPU e teclado, modelo serial nº N37P64901591-412P2, valorados en 50.000 ptas.

2. Un plotter, marca Encad Nobajet.4, serial nº BZ468 modelo 900, cor gris, valorado en 30.000 ptas.

3. Unha impresora HP Laserjet 5p de Hewlet Packard, serie nº NLHB120414, valorada en 30.000 ptas.

4. Un ordenador Low Radiation, marca Visión, 4A Smart Display, consistente en monitor, teclado, CPU e rato (clónico), valorado en 50.000 ptas.

O valor total do lote número un é de cento sesenta mil pesetas (160.000 ptas.).

Lote número dous:

1. Un ordenador Low Radiation, Energy, modelo nº CA6-6645E, con monitor de 17 pulgadas, con CPU, telcado e rato, valorados en 60.000 ptas.

2. Un gravado de Antón Patiño nº 17/100, valorado en 25.000 ptas.

3. Un gravado de Alexanco 93 nº 17/100, valorado en 25.000 ptas.

4. Un gravado de Úrculo nº 17/100, valorado en 25.000 ptas.

5. Un gravado de José Luis Fajardo nº 17/100, valorado en 25.000 ptas.

6. Un gravado de Lucio Muñoz nº 17/100, valorado en 25.000 ptas.

O valor total do lote número dous é de cento oitenta e cinco mil pesetas (185.000 ptas.).

Lote número tres:

1. Un fax marca Olympia-Olivetti, nº serie 0601270199, modelo E-00950757, valorado en 15.000 ptas.

2. Unha mesa de madeira escritorio, con anexo e mesa auxiliar de 2 caixóns, cor castaña clara e unha cadeira de brazos e 2 cadeiras de madeira e coiro de cor negra, xunto con librería consistente en 3 módulos, valorados en 50.000 ptas.

3. Unha librería de 3 módulos, cor castaña clara, con 3 caixóns nun módulo, valorada en 15.000 ptas.

4. Tres cadeiras de brazos de cor negra, con dúas mesas de cor negra e vidro, valorados en 35.000 ptas.

5. Unha mesa de madeira de oficina, cor castaña clara, con mesa auxiliar de 3 caixóns con cadeira de brazos e 2 cadeiras de coiro de cor negra, valorados en 40.000 ptas.

6. Un teléfono marca Siemens nº BE94RA6420, valorado en 2.000 ptas.

O valor total do lote número tres é de cento cincuenta e sete mil pesetas (157.000 ptas.).

O valor total da taxación é de cincocentas dúas mil pesetas (502.000 ptas.).

Os referidos bens encóntranse depositados no domicilio social da empresa SICOM, S.L., sito na r/ Rosalía de Castro nº 55, baixo, O Milladoiro (Ames), sendo depositario deles Luis López Martínez.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de marzo de dous mil.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado