Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de panaderías da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do ano 1999 do sector de panaderías da provincia da Coruña (código 1501085) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de A Coruña, e, da parte social, por UGT e CC.OO. o día 27-1-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de panaderías

A Coruña

Acta de revisión da táboa salarial de 1999

Na cidade da Coruña, ás dezaoito horas do día 27 de xaneiro de 2000, no local social da Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de A Coruña, reúnese a comisión negociadora do convenio provincial de panaderías, composta polos señores abaixo asinantes, os cales adoptan o seguinte acordo:

En aplicación do establecido no artigo 4 do vixente convenio colectivo, acórdase efectuar unha revisión salarial do 0,8%, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999, tomando como referencia as táboas salariais de 1999 que se detallan no anexo I.

As partes dan a súa conformidade e así o ratifican coas súas sinaturas.

Asinantes:

Parte empresarial:

Enrique Díaz Novás.

Manuel García Santamaría.

Eulogio Chousa Cruz.

María Míguez Rey.

Parte social:

Roberto Veira, UGT.

Peregrino Vázquez, CC.OO.

Luis Rojo, CC.OO.

ANEXO I

Táboa salarial panadería ano 1999

Categorías99-(2,6%)Dif. (0,8%)99-(3,4%)

X. fabricación95.63776596.402
X. taller Mec.93.79375094.543
X. Of. e Cont.95.63776596.402
Of. Administr.86.84269587.537
Aux. Administr.81.04064881.688
Axud. encargado2.765222.787
Amasador2.761222.783
Ax. amasador2.713222.735
Oficial2.713222.735
Especialista2.713222.735
Fogoneiro2.713222.735
Gasista2.713222.735
Encendedor2.713222.735
Engraxador2.713222.735
Mecánico 1ª2.742222.764
Mecánico 2ª2.713222.735
Mecánico 3ª2.699222.721
Peón2.651212.672
Mestre Encarg.2.848232.871
Ofic. pa2.848232.871
Ofic. masa2.745222.767

Categorías99-(2,6%)Dif. (0,8%)99-(3,4%)

Ofic. mesa2.710222.732
Axudante2.651212.672
Aprendiz 1º ano2.027162.043
Aprendiz 2º2.182172.199
Mordomo2.732222.754
Chofer2.848232.871
Vendedora P. Des.2.598212.619
Transp. P. Desp.2.732222.754
Repart. domicilio2.598212.619
Limpadora hora3793382
Limpadora2.598212.619
Especie65065
Compl. Noct. (22 a 2)6.856556.911
Compl. Noct. (2 a 6)5.274425.316
Compl. Transp.8.988729.060
Domingos = prezo1.325111.336