Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/51-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Beiramar-CD Barreras II.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.093 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Beiramar ata o C.D. Emenasa. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 86 m lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. Emenasa ata o C.D. Barreras II. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra