Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/427-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. circunvalación urbanización de vía norte-Loriga II.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: liñas de M.T. subterráneas, a 15 kV, tramo I, de 570 m de lonxitude, desde a liña TRO 7.05, desde o cruzamento das rúas Venezuela e Gran Vía ata o centro de reflexión Hernán Cortés, rematando na liña BAL 7.17 á altura do cruzamento das rúas Venezuela e Gran Vía. Tramo II, de 315 m de lonxitude, desde a liña BAL 7.17 á altura do cruzamento das rúas Couto e Ramón y Cajal ata a L.M.T. Balaídos-Corte Inglés. Tramo III de 125 m de lonxitude, desde a liña que vai ós CC.TT. Castro, Marqués de Alcedo, Loriga e outros, enlazando coa liña TRO 7.09, rematando na liña BAL 7.11 á altura das rúas Gran Vía con Avda. de Madrid. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra