Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sestelo y Cia., S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. A Rabadeira-Ribadetea.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, desde a L.M.T. xeral de distribución ata o C.T. que se proxecta na Rabadeira-Ribadetea, concello de Ponteareas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-242/420 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 15 de febreiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra