Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Termas de Cuntis, S.A.
Domicilio social: Calvo Sotelo, 2, 36670 Cuntis.
Denominación: L.M.T. e C.T. Ducio-Arcos.
Situación: Cuntis.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 550 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Arcos ata o C.T. que se proxecta en Ducio, concello de Cuntis. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera
outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra