Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1983; XG-162, Betanzos-Camarada (Loureda), con anexos, por substitución da concesión: V-1983; XG-162, entre Betanzos e San Paio de Vilacova, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 7 de xaneiro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Gilsanz, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1983; XG-162, Betanzos-Camarada (Loureda), con anexos, por substitución da concesión: V-1983; XG-162, entre Betanzos e San Paio de Vilacova, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Betanzos, Ponte das Cascas, Montellos, Limiñón, Callobre, Serra, Cos Meangos (Penedo), Meangos (Pereira), Xoanzo, Presedo, Leiro (Escola), Leiro (Vilardel), Vilacova (Freán), Vilacova (Sampaio), Torre y Camarada (Loureda).

* Nogueiras, Figueroa, Sarandóns, Ardexurxo, Bordei e Geixade.

* Leiro, Vións, Folgoso e Nogueiras.

* Montellos, Guiliade, Piadela, Viladesuso e San Paio de Guísamo.

* Montellos, Viuxe, cruzamento Cortiñán, Cortiñán de Abaixo e Viladesuso.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Ponte das Cascas e Montellos, e viceversa.

* De e entre Ponte das Cascas e Betanzos, e viceversa.

* De e entre Montellos e Guiliade, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Cos e Serra, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Cos-Serra (excepto Cos) para Presedo, e viceversa.

* Do tramo Cos-Serra (excepto Cos) para o tramo Cos-Meangos/Pereira, e viceversa.

* De e entre Nogueiras e Ardexurxo por Figueroa a Sarandóns, puntos intermedios e viceversa.

* De Geixade e Nogueiras para o tramo Guiliade-Betanzos.

* Do tramo cruzamento de Cortiñán-Cortiñán de Abaixo para Betanzos, e viceversa.

3. Expedicións.

Betanzos-Xoán Rozo-Limiñón-Callobre-Cos-Xoanzo-Leiro-Camarada (Loureda)(24,4 km).

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables e os días de feira en Betanzos.

* Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Betanzos-Montellos-Viuxe-Viladesuso-Piadela-Guiliade-Betanzos (14,8 km).

* Dez expedicións de luns a venres laborables.

* Seis expedicións os sábados laborables.

* Seis expedicións os domingos e festivos que non coincidan con día de feira en Betanzos.

* Oito expedicións os domingos e festivos, que coincidan con día de feira en Betanzos.

Betanzos-Montellos-Viuxe-Viladesuso-San Paio de Guísamo-Viladesuso-Piadela-Guiliade-Betanzos (18,2 km).

* Catro expedicións de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións os sábados laborables.

* Dúas expedicións os domingos e festivos días de feira en Betanzos.

Son días de feira en Betanzos os seguintes:

Os días 1 e 16 de cada mes, excepto os meses de novembro e decembro.

No mes de novembro os días 1, 16 e 30. No mes de decembro o día 16.

Geixade-Bordei-Sarandóns-Nogueiras-Vións-Leiro-Xoanzo-Cos-Callobre-Limiñón-Xoán Rozo-Betanzos(46,7 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,1655 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,8770 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5248 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados,

ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes