Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución e modificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, e artigos 77 e seguintes do Regulamento de execución da lei citada, aprobado por Real decreto 1211/1999, do 28 de setembro, iníciase expediente de substitución e modificación da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

* V-7040; XG-414, Vilalba-Lugo por Feira do Monte e Castro Ribeiras de Lea, con anexos, da titularidade da empresa Autos Lozano, S.L.

Na tramitación deste expediente teráse en conta este proxecto e non o sometido a información pública no DOG nº 194, publicado en data 6-10-1999.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (edificios administrativos

Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes