Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de marzo de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan reintegros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Domingo Domínguez Delgado e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse reintegros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, na rúa Progreso, 38-Ent., Ourense, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de marzo de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Domingo Domínguez Delegado.

DNI: 34.717.712-V.

C. penitenciario O Pereiro de Aguiar.

Procedemento: reintegro axudas e subvencións.

Expediente: 1424/1999.

Doc.: 000990012629.

Interesado: Fernando Domínguez Ordóñez.

DNI: 12.306.936-G.

C. Sta. María, 1, Astudillo (Palencia).

Procedemento: reintegro axudas e subvencións.

Expediente: 1784/1999.

Doc.: 000990015176.