Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.713

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000 pola que se convocan seis cursos e oito xornadas de formación en materia de consumo.

No uso das atribucións outorgadas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, os cursos e xornadas indicados no anexo I da presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos e xornadas deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que correspondan, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso que se solicita, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no ano seguinte.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución.

4. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no rexistro da EGAP, pero poderanse utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada actividade do referido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se utilizarán serán os recollidos no anexo I para cada unha das actividades programadas.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento das actividades anunciadas co fin de adaptalas ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Xornadas sobre campañas de inspección 2000.

1. Obxectivos.

A análise das estratexias de actuación e unificación de criterios no desenvolvemento das campañas de inspección e autonómicas para o ano 2000.

2. Destinatarios.

Responsables de control de mercado da Comunidade Autónoma.

3. Desenvolvemento.

3.1. Nº de edicións: 8.

3.2. Duración: 4 horas cada edición.

3.3. Lugares e datas de realización:

Nos servicios provinciais do Instituto Galego de Consumo.

A Coruña: 17 de abril e 2 de outubro de 2000.

Lugo: 18 de abril e 3 de outubro de 2000.

Ourense: 19 de abril e 4 de outubro de 2000.

Pontevedra: 24 de abril e 5 de outubro de 2000.

4. Contido.

Análise dos protocolos das campañas de inspección autonómicas e nacionais.

* Curso: aluguer e compra de vivenda.

1. Obxectivos.

Profundar no estudio da normativa vixente polo que se refire ó aluguer e compra de vivenda.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo con responsabilidades no control de mercado.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 12 horas.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: os días 11 e 12 de abril de 2000.

3.3. Horario: día 11 de 10 a 14 e de 15.30 a 19.30 h, día 12 de 10 a 14 h.

4. Contido.

Lei 38/1999, de ordenación da edificación. Lei 8/1999, de reforma da Lei 49/1960, sobre propiedade horizontal. Compra e aluguer.

* Curso: procedemento sancionador.

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de conformidade co establecido na normativa vixente.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo con responsabilidades no control de mercado

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 h.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compsotela: os días 6, 7 e 8 de xuño de 2000.

3.3. Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 19 h.

4. Contido.

O procedemento sancionador. Interesados: termos e prazos. Actuacións previas. Fase de instrucción. Proposta de resolución. Recursos.

* Curso: aluguer e compra de vivenda.

1. Obxectivos.

Profundar no estudio da normativa vixente polo que se refire ó aluguer e compra de vivenda.

2. Destinatarios.

Persoal das administracións autonómica e local con responsabilidades na información ó consumidor e asociacións de consumidores.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 8 h.

3.2. Lugares e datas de realización:

A Coruña: 26 de abril de 2000.

Lugo: 9 de maio de 2000.

Ourense: 11 de maio de 2000.

Pontevedra: 10 de maio de 2000.

4. Contido.

A problemática do consumidor como arrendatario da vivenda. Información previa á compra da vivenda. As garantías na compra de vivenda. Os seguros e a vivenda.

* Curso: deseño de actividades de información e de formación.

1. Obxectivos.

Proporcionar técnicas e procedementos para unha mellor información e formación do cidadán en materia de consumo.

2. Destinatarios.

Persoal das administracións autonómica e local con responsabilidades na información ó consumidor e asociacións de consumidores.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 12 h.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: os días 15 e 16 de maio de 2000.

3.3. Horario: de 10 a 13 h e de 16 a 19 h.

4. Contido.

A calidade na atención ó cidadán. Organización de sistemas de información de consumo: entrada, tratamento e difusión de información. Deseño de actividades formativas.

* Curso: arbitraxe de consumo.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles unha información xurídica e técnica ás persoas designadas para actuaren como árbitros e ás que no futuro poidan actuar, para resolve-los litixios de consumo, a través da vía arbitral.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica e das asociacións de consumidores que actúen ou poidan actuar como árbitros nos distintos colexios arbitrais da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 h.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: os días 11, 12, 13, 14, e 15 de setembro de 2000.

3.3. Horario: de 16 a 20 h.

4. Contido.

ORD 636/1993. A súa interpretación. Peritaxes e informes. Telefonía. Reparación de automóbiles. Tinturerías. Vivenda. Transportes e comunicacións.

* Curso: liberalización dos servicios básicos.

1. Obxectivos.

Emitir informe sobre as consecuencias para o consumidor coa liberalización dos servicios económicos de interese xeral. Profundar e avanzar nos coñecementos sobre o tema logrados nas anteriores edicións.

2. Destinatarios.

Persoal das administracións autonómica e local e das asociacións de consumidores, con preferencia dos asistentes ós realizados anteriormente.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 12 h.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: os días 17 e 18 de outubro de 2000.

3.3. Horario: 18 a 20 h.

4. Contido.

A liberalización nas subministracións de auga e de electricidade, o seu alcance e a súa repercusión nos consumidores non cualificados. Os dereitos de peaxe e a súa repercusión no consumidor. A adhesión á arbitraxe das empresas prestadoras deste servicio. Mesa redonda: centrada no último punto.