Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.685

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 67/2000, do 4 de abril, polo que se acorda encargar despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, ó Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a Francia, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa viaxe a Francia, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, des

de o día 5 de abril ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente