Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.684

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de marzo de 2000 pola que se fan públicos os nomeamentos dos membros da Comisión Autonómica de Coordinación dos Plans de Investigación e Control de Determinadas Substancias e os seus Residuos en Animais e os seus Productos con Destino ó Consumo Humano.

O Decreto 343/1999, do 16 de decembro, polo que se crea o órgano autonómico de coordinación dos plans de investigación e control de determinadas substancias e os seus residuos en animais e os seus productos con destino ó consumo humano establece, no seu artigo 3º, a composición da comisión autonómica como tal órgano de coordinación.

No artigo 4º establece que, unha vez nomeados os membros e os seus substitutos da comisión autonómica polos diferentes departamentos e organismos, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Faise público o nomeamento dos membros e os seus substitutos da Comisión Autonómica de Investigación e Control de Determinadas Substancias e os seus Residuos nos Animais e os seus Productos con Destino ó Consumo Humano, como órgano autonómico creado polo Decreto 343/1999, do 16 de decembro, ás persoas que se relacionan a continuación:

Como presidenta a Pilar Farjas Abadía.

Directora xeral de Saúde Pública, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Como vicepresidente a Antonio Crespo Iglesias.

Director xeral de Producción Agropecuaria, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Como vocais:

Pola Subdirección Xeral de Programas (Dirección Xeral de Saúde Pública).

Vocal titular.-Sagrario Pérez Castellanos.

(Subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública).

Vocal suplente.-José Luis Aboal Viñas.

(Subdirector xeral de Información e Xestión de Saúde Pública).

Pola Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal (Direccción Xeral de Producción Agropecuaria).

Vocal titular.-Miguel Fernández Rodríguez.

(Subdirector xeral de Sanidade e Producción Animal).

Vocal suplente.-Gerardo Rivero Cuesta.

(Xefe do Servicio de Producción Animal).

Pola xefatura de Servicio de Protección da Saúde Fronte a Riscos Xerais (Dirección Xeral de Saúde Pública).

Vocal titular.-Patricia Daporta Padín.

(Xefa do Servicio de Protección da Saúde Fronte a Riscos Xerais).

Vocal suplente.-Jose A. Viñuela Rodríguez.

(Xefe do Servicio de Información e Laboratorios de Saúde Pública).

Pola xefatura de Servicio de Sanidade Animal (Direccción Xeral de Producción Agropecuaria).

Vocal titular.-Jesús Vazquez Pérez.

(Xefe do Servicio de Sanidade Animal).

Vocal suplente.-Soledad Castro Díaz.

(Xefa da Área de Sanidade e Producción Animal).

Pola Dirección Xeral de Saúde Pública, como técnico.

Vocal titular.-Carlos García-Argüelles Suárez.

(Técnico da Dirección Xeral de Saúde Pública).

Vocal suplente.-Antonio Collar Díaz.

(Inspector do Plan de Investigación de Residuos).

Pola Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, como facultativo.

Vocal titular.-Manuel López Blanco.

(Xefe de Sección de Sanidade e Producción Animal).

Vocal suplente.-Agustín Alberto Gil Ramos.

(Técnico da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria).

Polo Laboratorio de Saúde Pública de Lugo ( Laboratorio Autonómico de Referencia).

Vocal titular.-Oliva Cadahía Mariz.

(Directora do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo).

Vocal suplente.-Pilar González Gigosos.

(Técnico do Laboratorio de Saúde Pública de Lugo).

Polo Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Galicia.

Vocal titular .-David Fernández García.

(Director do Laboratorio de sanidade e Producción Animal de Galicia).

Vocal suplente.-Manuel López Leizán.

(Xefe da Sección de Sanidade e Producción Animal).

Pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Industria e Comercio.

Vocal titular .-María Jesús Muñoz Chesa.

(Directora-xerente do Instituto Galego de Consumo).

Vocal suplente.-José Maria Pita Ponte.

(Xefe do Servicio de Protección ó Consumidor).

Pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Vocal titular.-Eloy Areoso Casal.

Vocal suplente.-Luis Manuel Rodríguez Gonzalez.

Como asesores.

Pola División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

Vocal titular Teresa Chuclá Cuevas.

(Subdirectora xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios).

Vocal suplente Carlos A. Crespo Diz .

(Xefe do Servicio de Ordenación Farmacéutica da División de Farmacia e Productos Sanitarios).

Pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Vocal titular.-Aurelio Fernández Rodríguez.

(Xefe de Servicio de Información e Formación da Subdirección Xeral de Protección Civil).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais