Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do recurso ordinario, DP-386/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícasalles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domi

cilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente DP-386/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña sede o órgano autor do acto orixinario, a súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2.b).4 en relación co 14.1º segunda da Lei 291/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte día ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Expediente: DP-386/1998.

Denunciado: Covedo, S.A.

Domicilio: Juan Florez nº 6, A Coruña.

Data da resolución: 22-2-2000.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña