Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación para o outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de licitación para o outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 5/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación para o outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: catro anos prorrogable por un máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: fixarao o concesionario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 ptas.

Definitiva: 200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG número 479, do 15 de marzo de 2000).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 14 días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG número 479, do 15 de marzo de 2000).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): un mes.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten, agás as previstas nos pregos.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ós cinco días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no BOPG número 479, do 15 de marzo de 2000, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia