Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-946/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícasalles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-946/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se ó caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-946/1999.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Domicilio: Urbanización Soto nº 185, B, A Coruña.

Motivos: obstrucción ó labor inspector.

Data da iniciación: 24-2-2000.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña