1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.
c) Número de expediente: SXCA 1/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación informática para a xestión de equipamentos e do almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Lugar de execución: nos locais do contratista, a excepción das tarefas que requiran a participación
do personal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
d) Prazo de execución: máximo de seis meses, ou inferior ofertado.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 13.400.000 ptas. (80.535,62 euros).
5. Garantías.
a) Provisional: 268.000 ptas.
b) Definitiva: 536.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).
b) Domicilio: edificio administrativo, San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 28.
e) Telefax: 981 54 54 43.
f) Enderezo Internet: www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.
g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación.
1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Xuntas).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria