Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000 pola que se anuncia a corrección de erros relativa á tramitación urxente do concurso público para o deseño, a confección, a maquetación, a impresión e maila distribución por tódolos centros de ensino público e privado de Galicia e dos lugares do resto de España e do estranxeiro que se designen, de 6.000 exemplares dos números 27, 28 (dous tomos) e 29 da Resvista Galega do Ensino no ano 2000 e 6.000 exemplares dos números 30, 31, 32 e 33 da Revista Galega do Ensino no ano 2001, anunciado por Resolusión do 24 de marzo de 2000 (DOG do 30 de marzo).

Detectado un erro no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise publico:

1. Clasificación: a clasificación esixida para a devandita contratación é a seguinte: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

2. Proposicións: o prazo para a presentación da documentación esixida no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares amplíase a 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística