Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a realización dun contrato de servicios para o desenvolvemento dunha aplicación informática de xestión para o Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 2/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación informática de xestión para o Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios.

b) Lugar de execución: nos locais do contratista, a excepción das tarefas que requiran a participación do personal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) Prazo de execución: máximo de sete meses, ou inferior ofertado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.800.000 ptas. (197.131,97 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 656.000 ptas.

b) Definitiva: 1.312.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo, San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Enderezo Internet: www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria