Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (103/2000).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela,

Por medio deste edicto fai público que neste xulgado, co número 103/2000, se seguen autos de xuízo universal de quebra voluntaria da entidade Egosa, Asfaltos y Construcciones, S.A., con domicilio social no lugar de Formarís, parroquia de San Cristovo da Enfesta, concello de Santiago de Compostela. Por auto desta data acordouse declara-la entidade referida en estado de quebra voluntaria, na que se designou comisario da quebra a Tomás Ucieda Somoza, e depositario a Enrique Feáns García, retrotraéndose, sen prexuízo de terceiros, os efectos da quebra ó día 11 de novembro de 1999.

Advírtense as persoas que tivesen no seu poder bens pertencentes ó quebrado que deberán manifestarllos ó comisario, baixo apercibimento de complicidade e, aqueloutras que lle deban cantidades ó quebrado, fagan entrega delas ó depositario baixo apercibimento de non se reputar lexítimo o pagamento.

Decretouse a acumulación a este xuízo universal de quebra de tódolos preitos e execucións que houbese, agás os que a lei exclúe.

Decrétase a retención da correspondencia postal e telegráfica da quebrada, cos límites que marca o artigo 1058 do código de comercio vixente.

Dado en Santiago de Compostela, o once de marzo de dous mil.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado