Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de xestión da cafetería e comedor do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña) e outro máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, finalizados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ós que se refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

A xestión, en réxime de concesión, da cafetería e comedor do Instituto Nacional de Educación Fisica (INEF) de Galicia, en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: cinco (5) anos, prorrogables.

b) A execución do contrato non comporta a realización de obras a cargo do adxudicatario.

c) Garantía provisional: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

d) Garantía definitiva: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

e) Canon de explotación anual mínimo: regulado pola base sexta do prego de explotación do servicio, coas seguintes contías mínimas.

1º Período anual, a ingresar en decembro de 2001: 500.000 ptas.

2º Período anual, a ingresar en decembro de 2002: 600.000 ptas.

3º Período anual, a ingresar en decembro de 2003: 700.000 ptas.

4º Período anual, a ingresar en decembro de 2004: 800.000 ptas.

5º Período anual, a ingresar en decembro de 2005: 900.000 ptas.

6º Período anual, a ingresar en decembro de 2006: 1.000.000 de ptas.

7º Período anual, se é o caso, e sucesivos, ingreso anual: 1.250.000 ptas.

f) Obrigas complementarias: reguladas pola base novena do prego de explotación.

3. Obxecto do contrato.

A xestión, en réxime de concesión, da cafetería e comedor dos complexos deportivos de Elviña e A Sardiñeira, A Coruña (A Coruña).

a) Prazo de execución: cinco (5) anos, prorrogables.

b) A execución do contrato non comporta a realización de obras a cargo do adxudicatario.

c) Garantía provisional: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

d) Garantía definitiva: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

e) Canon de explotación anual mínimo: regulado pola base sexta do prego de explotación do servicio, coas seguintes contías mínimas.

1º Período anual, a ingresar en decembro de 2001: 500.000 ptas.

2º Período anual, a ingresar en decembro de 2002: 600.000 ptas.

3º Período anual, a ingresar en decembro de 2003: 700.000 ptas.

4º Período anual, a ingresar en decembro de 2004: 800.000 ptas.

5º Período anual, a ingresar en decembro de 2005: 900.000 ptas.

6º Período anual, a ingresar en decembro de 2006: 1.000.000 de ptas.

7º Período anual, se é o caso, e sucesivos, ingreso anual: 1.250.000 ptas.

f) Obrigas complementarias: reguladas pola base novena do prego de explotación.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán retirarse no servicio mencionado e no Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte na Coruña. (Complexo Deportivo de Elviña, O Birloque, A Coruña. Teléfono: 981 13 24 43. Fax: 981 13 25 27).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Prescricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte