Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (138/1999-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas nº 138/1999, sobre estafa, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Eduardo Javier Valenzuela Suárez dos feitos axuizados nestas actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado Eduardo Javier Valenzuela Suárez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o trece de marzo de dous mil.

A secretaria

Rubricado