Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas de tódalas prestacións do fondo de acción social para o exercicio de 1999 para o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1999 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 15 de xullo de 1999 e publicado por Resolución do 21 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 27 de xullo), modificado por Resolución do 23 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 193, do 5 de outubro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1999.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións

correspondentes ás continxencias de xubilación, fillos menores, estudios por fillos, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social do ano 1999, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 27 de xullo), no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, de 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública