Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 28 de marzo de 2000 pola que se amplía o prazo para presentación de solicitudes ó abeiro da Orde do 18 de febreiro de 2000.

1. A Orde do 18 de febreiro de 2000 establece no seu artigo 5 un prazo de trinta días hábiles para a presentación de solicitudes.

2. Diversas entidades locais, manifestaron o seu interese en que o citado prazo fose ampliado.

Á vista do anterior e na súa consideración,

RESOLVO:

Amplia-lo prazo de presentación de solicitudes e documentación, establecido no artigo 5 da orde de referencia, ata o día 28 de abril do presente ano 2000.

Santiago de Composetela, 28 de marzo de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda