Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de marzo de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións de potenciamento do programa de promoción xeral da investigación do PGIDT e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e oito, aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

En aplicación do plan e dentro do programa de promoción xeral da investigación, procede a adopción de medidas de carácter excepcional e transitorio, encamiñadas a reforzar e potenciar determinados aspectos do sistema de investigación e desenvolvemento para favorece-la mellor consecución dos obxectivos do plan e, en particular, da innovación empresarial.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse as axudas e bolsas que a continuación se indican e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos a esta orde:

1. Bolsas para técnicos especialistas de formación profesional, enxeñeiros técnicos ou titulados superiores universitarios para colaborar nos servicios xerais e institutos universitarios das universidades de Galicia e nos centros tecnolóxicos de Galicia (anexo I).

2. Bolsas para técnicos especialistas de formación profesional, diplomados, enxeñeiros técnicos e arquitectos técnicos, ou titulados superiores universitarios para colaborar en empresas (anexo III).

3. Bolsas para realizar estadías en centros de investigación de fóra de Galicia e para asistir a cursos de especialización (anexo IV).

4. Axudas para incorporación de investigadores visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma (anexo V).

Artigo 2º

Para a concesión das bolsas convocadas nos anexos I, III, e IV desta orde destinarase ata un máximo de 190.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Para as axudas convocadas no anexo V destinarase ata un máximo de 34.850.000 ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.442.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para

o ano 2000. Non obstante no caso de que as solicitudes recibidas superen o dito importe, poderanse imputar axudas desta modalidade á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dentro dos límites fixados para os anexos I, III, e IV.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e tódolos actos administrativos que se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 6 meses, contados desde a data de publicación da presente convocatoria.

No caso de non recaer resolución dentro do mencionado prazo, entenderase desestimada a solicitude formulada.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Bolsas para técnicos especialistas de formación profesional, enxeñeiros técnicos ou titulados superiores universitarios para colaborar nos servicios xerais e institutos universitarios das universidades de Galicia e nos centros tecnolóxicos de Galicia.

A finalidade destas bolsas é completa-la formación dos técnicos especialistas de formación profesional, de enxeñeiros técnicos ou titulados superiores universitarios recentes, mediante a súa incorporación ós servicios xerais e institutos de investigación das universidades de Galicia, e ós centros tecnolóxicos de Galicia colaborando nas actividades e tarefas de investigación que neles se desenvolven.

1. Solicitudes.

Poderán optar ás bolsas convocadas os titulados de formación profesional -réxime xeral (FP2 grao medio), réxime ensinanzas especializadas (FP2 grao superior) ou módulos profesionais (M3)- que cursaron os seus estudios nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma sempre que os rematasen os mesmos con posterioridade ó ano 1995, así como os enxeñeiros técnicos ou titulados superiores universitarios sempre que rematasen os seus estudios con posterioridade ó ano 1997. Os títulos obtidos no

estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. Especialidades/titulacións e centros de aplicación das bolsas.

O número total de bolsas convocadas ascende a 43 no caso de titulados de formación profesional e a 63 no caso de enxeñeiros técnicos ou titulados superiores universitarios distribuídas entre as especialidades e titulacións que se relacionan nos anexos II.A e II.B respectivamente co fin de colaborar nos centros que en cada caso se indican.

3. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

-Unha dotación de 80.000 ptas. mensuais brutas para o caso dos titulados de FP2, 95.000 ptas. mensuais brutas para os enxeñeiros técnicos e 115.000 ptas. mensuais brutas para os titulados superiores universitarios.

-Seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio do bolseiro polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

4. Duración.

A duración das bolsas comprende desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

5. Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-13 (que se publica como anexo a esta orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, e en Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid) presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A elas xuntaráselles:

-Certificación académica relativa ós estudios realizados polo candidato (orixinal ou copia compulsada).

-Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

-Declaración do solicitante de tódalas bolsas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou, no seu defecto, documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

6. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2000.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requerirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas con advertencia de que, de non o facer, se considerará desistido da súa solicitude, procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

8. Valoración das solicitudes e resolución do concurso.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por unha comisión designada polo secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario.

A selección realizarase de acordo co seguinte baremo:

-Expediente académico: ata 4 puntos. Para efectos do cálculo da nota media no caso dos titulados de formación profesional de segundo grao non se computarán aquelas materias que consten no expediente do alumno como validadas.

-En caso de empate valoraranse outros méritos alegados e documentados polo solicitante xunto coa súa solicitude.

Unha vez valoradas as solicitudes a comisión procederá a adscribi-los os bolseiros ós centros comezando en cada especialidade/titulación polo bolseiro de maior puntuación. A adscrición realizarase tendo en conta os centros elixidos por cada solicitante, dentro da súa especialidade/titulación, e a orde de preferencia seleccionado por el. Só serán considerados aqueles centros, ós que o bolseiro optase na súa solicitude. Para aquelas prazas ás que poden concorrer bolseiros de diferentes especialidades/titulacións, a comisión adoptará criterios que permitan a distribución das bolsas entre as distintas especialidades/titulacións.

A comisión elevará a proposta de resolución, na que se faga consta-la relación de bolseiros seleccionados e o centro ó que quedan adscritos, á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

9. Pagamento.

As bolsas aboaranse mediante pagamentos mensuais ós bolseiros; previamente o último pagamento o bolseiro deberá presentar unha declaración conxunta das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes, dos seus entes ou sociedades.

10. Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado ou co desfrute doutra bolsa.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informa

rase inmediatamente a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste caso, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá propoñe-la adxudicación da bolsa a outros candidatos tendo en conta a lista de suplentes que elabore a comisión de selección. O novo bolseiro será adscrito ó mesmo centro no que se produciu a renuncia.

ANEXO II.A

Cód. de

praza

Centro de aplicación de bolsas

Localidade

Nº bolsas

Ramas

Especialidades

A-01Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Universidade da Coruña. Campus Elviña.A Coruña2Edificación e obra civil -Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.-Realización e planos de obras.

A-02Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Universidade da Coruña. Campus Elviña.A Coruña1Electricidade e electrónica -Equipos de informática.-Instalacións e liñas eléctricas.-Mantemento electrónico.-Máquinas electrónicas.-Instalacións electrónicas.-Sistemas de regulación e control.-Mantemento de instalacións e servicios.-Sistemas automáticos e programables.

A-03Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Universidade da Coruña. Campus Elviña.A Coruña1Administrativo ou informática -Informática xestión.-Secretariado.-Desenvolvemento de aplicacións informaticas.

A-04Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus Esteiro.Ferrol1Fabricación mecánica -Producción por mecanización.-Fabricación mecánica.

A-05Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus Esteiro.Ferrol1Química -Análise e procesos básicos.

A-06Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus Esteiro.Ferrol1Electricidade e electrónica -Equipos de informática.-Instalacións e liñas eléctricas.-Mantemento electrónico.-Máquinas electrónicas.-Instalacións electrónicas.-Sistemas de regulación e control.-Mantemento de instalacións e servicios.-Sistemas automáticos e programables.

A-07Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus Esteiro.Ferrol1Administrativo e comercial -Informática de xestión.

A-08Servicios Xerais de Apoio á Investigación. Universidade da Coruña. Campus A Zapateira.A Coruña2Química -Análise e procesos básicos.

A-09Laboratorio de Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico.Universidade da Coruña. Campus de Oza.A Coruña1Informática -Administración de sistemas informáticos.-Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

A-10Instituto Universitario de Medio Ambiente. Universidade da Coruña. Campus A Zapateira.A Coruña1Química -Análise e procesos básicos.

A-11Instituto Universitario de Xeoloxía. Universidade da Coruña. Campus A Zapateira.A Coruña1Administrativa e comercial -Informática de xestión.

A-12Servicios Informáticos de Apoio á Investigación. Universidade da Coruña. Vicerrectorado de Investigación.A Coruña2Informática -Administración de sistemas informáticos.-Desenvolvmento de aplicacións informáticas.

A-13Biblioteca Xeral. Universidade de Santiago de Compostela.Santiago de Compostela2Informática -Administración de sistemas informáticos.-Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

A-14Biblioteca Xeral. Universidade de Santiago de Compostela.Lugo1Administrativa e comercial -Informática de xestión.

A-15Rede Integrada de Apoio á Investigación (RIAI). Universidade de Santiago de Compostela.Santiago de Compostela.7Química -Análise e procesos básicos.-Análise e control.-Química ambiental.

A-16Rede Integrada de Apoio á Investigación (RIAI). Universidade de Santiago de Compostela.Lugo3Química -Análise e procesos básicos.-Análise e control.-Química ambiental.

Cód. de

praza

Centro de aplicación de bolsas

Localidade

Nº bolsas

Ramas

Especialidades

A-17Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco).Vigo1Sanidade -Saúde ambiental.

A-18Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen).O Porriño

(Pontevedra)

1Fabricación

mecánica

-Producción por mecanización.

A-19Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen).Porriño

(Pontevedra)

2Química -Análise e proceso básicos.-Análise e control.-Química ambiental.

A-20Centro de Innovación e Servicios da Madeira (CIS-Madeira).Ourense1Administrativa e comercial, -Secretariado ou equivalente.

A-21Centro de Innovación e Servicios da Madeira (CIS-Madeira).Ourense1Informática -Desenvolvemento de aplicacións informáticas ou equivalente.

A-22Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Mantemento de vehículos autopropulsados -Automoción.

A-23Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense2Informática -Administración de sistemas informáticos, ou-Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

A-24Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Electricidade e electrónica -Instalacións electrotécnicas.-Sistemas de regulación e control automáticos.-Desenvolvemento de productos electrónicos.

A-25Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Administrativo e comercial -Secretariado ou equivalente.

A-26Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).Santiago de Compostela.3Informática -Desenvolvemento de aplicacións informáticas ou-Administración de sistemas informáticos ou equivalente.

A-27Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).Santiago de Compostela.1Comunicación, imaxe e son -Son.-Imaxe.

ANEXO II.B

Cód. de

praza

Centro de aplicación de bolsas

Localidade

Nº bolsas

Titulación/s

B-01Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Universidade da Coruña. Campus Elviña.A Coruña1Enxeñeiro industrial (especialidade mecánica) ou enxeñeiro de camiños, canais e portos.

B-02Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Universidade da Coruña. Campus Elviña.A Coruña1Enxeñeiro de camiños, canais e portos, enxeñeiro de telecomunicación, enxeñeiro industrial, enxeñeiro naval, enxeñeiro aeronáutico, licenciado/enxeñeiro informática ou licenciado en química ou física.

B-03Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus de Esteiro.Ferrol1Licenciado en química.

B-04Centro de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade da Coruña. Campus de Esteiro.Ferrol1Enxeñeiro de camiños, canais e portos, enxeñeiro de telecomunicación, enxeñeiro industrial, enxeñeiro naval, enxeñeiro aeronáutico, licenciado/enxeñeiro informática ou licenciado en química ou física.

B-05Laboratorio de Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico. Universidade da Coruña. Campus de Oza.A Coruña1Licenciado/enxeñeiro informático.

B-06Instituto Universitario de Xeoloxía. Universidade da Coruña. Campus A Zapateira.A Coruña1Licenciado en bioloxía ou licenciado en química.

B-07Instituto Universitario de Medio Ambiente.

Universidade da Coruña. Campus A Zapateira.

A Coruña1Licenciado en química.

B-08Rede Integrada de Apoio á Investigación (RIAI). Universidade de Santiago de Compostela.Santiago de Compostela6Licenciado en química, bioloxía, farmacia ou física.

B-9Oficina de I+D. Universidade de Vigo.Vigo4Enxeñeiros superiores, licenciados en ciencias económicas e empresariais e dereito.

B-10Área de Tecnoloxía da Información e das Comunicacións (ATIC). Universidade de Vigo.Vigo4Enxeñeiro superior de telecomunicación ou informática.

B-11Oficina de Medio Ambiente (OMA). Universidade de Vigo.Vigo1Ciencias experimentais.

B-12Oficina de Medio Ambiente (OMA). Universidade de Vigo.Vigo1Licenciado en bioloxía.

Cód. de

praza

Centro de aplicación de bolsas

Localidade

Nº bolsas

Titulación/s

B-13Oficina de Medio Ambiente (OMA). Universidade de Vigo.Vigo2Ciencias experimentais, ciencias sociais ou humanidades.

B-14Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI). Universidade de Vigo.Vigo6Ciencias experimentais, enxeñeiro técnico en informática ou enxeñeiro superior en informática.

B-15Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI). Universidade de Vigo.Ourense2Ciencias experimentais, enxeñeiro técnico en informática ou enxeñeiro superior en informática.

B-16Centro de Innovación e Servicios do Deseño e Tecnoloxía (CIS).Ferrol2Enxeñeiro industrial ou enxeñeiro técnico industrial (prioritariamente especialidade en automática ou equivalente).

B-17Centro de Innovación e Servicios do Deseño e Tecnoloxía (CIS).Ferrol2Enxeñeiro superior con coñecemento en deseño 3D (Cad).

B-18Centro de Innovación e Servicios do Deseño e Tecnoloxía (CIS).Ferrol6Licenciado en informática ou enxeñeiro de telecomunicación (especialidade telemática).

B-19Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco).Vigo1Enxeñeiro industrial.

B-20Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco).Vigo1Enxeñeiro de telecomunicación.

B-21Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco).Vigo1Licenciado en química.

B-22Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco).Vigo2Licenciado en bioloxía.

B-23Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen).O Porriño

(Pontevedra)

2-Enxeñeiro de minas.-Enxeñeiro industrial.

B-24Centro de Innovación e Servicios da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).Ourense1Enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal ou enxeñeiro agrónomo.

B-25Centro de Innovación e Servicios da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).Ourense1Licenciado en ciencias empresariais ou ciencias económicas.

B-26Centro de Innovación e Servicios da Madeira de Galicia (CIS-Madeira).Ourense1Licenciado en informática/enxeñeiro en informática.

B-27Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense2Licenciado en física.

B-28Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Enxeñeiro industrial (especialidade mecánica).

B-29Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Enxeñeiro de telecomunicación (especialidade comunicacións), ou enxeñeiro industrial (especialidade electrónica).

B-30Centro de Metroloxía de Galicia.Ourense1Licenciado en ciencias económicas.

B-31Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).Santiago de Compostela1Licenciado en informática.

B-31Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).Santiago de Compostela1Licenciado en química (química molecular).

B-33Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).Santiago de Compostela3Licenciados en pedagoxía.

ANEXO III

Bolsas para técnicos especialistas de formación profesional, diplomados, enxeñeiros técnicos, arquitectos técnicos ou titulados superiores para colaborar en empresas

A finalidade desta convocatoria é completa-la formación dos técnicos especialistas de formación profesional, de diplomados, enxeñeiros técnicos, arquitectos técnicos e titulados superiores mediante a súa incorporación a empresas co fin de potencia-la investigación nelas e ó mesmo tempo facilita-la incorporación destes colectivos nas empresas.

A. Convocatoria para as empresas.

1. Solicitantes.

Poderán concorrer a esta convocatoria aquelas empresas que teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e que realicen actividades de I+D.

2. Formalización de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial PXI-14 que se publica como anexo a esta orde e á disposición dos interesados

nas dependencias da Secretaría Xeral de I+D e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4ª da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás solicitudes xuntarase:

-Copia do CIF da empresa ou do NIF no caso de empresario individual.

-Copia da escritura de constitución e modificación, se é o caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil e Industrial.

As especialidades de FP-2 requiridas o/ós bolseiro/os que desexen incorporar á empresa deberán referirse a algunha/s das indicadas no anexo VI desta orde. No caso de titulacións universitarias (grao superior ou grao medio) as empresas poderán solicitar cal

quera das incluídas no catálogo de titulacións do Ministerio de Educación e Cultura.

3. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2000.

4. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas con advertencia de que, de non o facer, se considerará desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

5. Selección.

A selección das empresas ás que poderán incorporarse os bolseiros será realizada por unha comisión designada pola Secretaría Xeral de I+D actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario.

Tódalas empresas que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán habilitadas para incorporación de bolseiros, ben que poderá limitarse o número máximo de bolseiros nunha mesma empresa.

En todo caso, a comisión darálle prioridade a aquelas solicitudes relativas ós programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (tecnoloxías da información e das comunicacións, investigación agraria, ambiente, investigación mariña e biotecnoloxías) así como aquelas solicitudes relativas ás accións de especial interese no contexto do plan.

B. Convocatoria para os bolseiros.

1. Solicitantes.

Poderán optar ás bolsas convocadas os titulados de formación profesional -réxime xeral (FP2 grao medio), réxime ensinanzas especializadas (FP2 grado superior) ou módulos profesionais que cursaron os seus estudios nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma sempre que os rematasen con posterioridade ó ano 1995, así como os diplomados, enxeñeiros técnicos, arquitectos técnicos e titulados superiores que rematasen os seus estudios con posterioridade ó ano 1997. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

-Unha dotación de 80.000 ptas. brutas para o caso dos titulados de FP2, 95.000 ptas. mensuais brutas para os diplomados, enxeñeiros técnicos e arquitectos técnicos e 115.000 ptas. mensuais brutas para os titulados superiores universitarios.

-Seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio dos bolseiros polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

3. Duración.

A duración das bolsas comprende desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

4. Formalización de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial PXI-15 que se publica como anexo a esta orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e en Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4ª da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A elas xuntaráselles:

-Certificación académica relativa ós estudios realizados polo solicitante (orixinal ou copia compulsada).

-Declaración do solicitante de tódalas bolsas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou, no seu defecto, documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2000.

6. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas con advertencia de que, de non o facer, se considerará desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

7. Valoración das solicitudes.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por unha comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario. A selección dos bolseiros realizarase de acordo co seguinte baremo:

-Expediente académico: ata 4 puntos. Para os efectos do cálculo da nota media dos titulados de FP2 non se computarán aquelas materias que consten no expediente do alumno como validadas.

-En caso de empate valoraranse outros méritos alegados e documentados polo solicitante xunto coa súa solicitude.

Aquelas solicitudes nas que a especialidade/titulación do solicitante non fose demandada por ningunha das empresas que resulten habilitadas quedarán excluídas do proceso de selección e non serán obxecto de valoración, notificándoselle esta circunstancia ós interesados.

A comisión elaborará unha lista onde figuren ordenados os candidatos seleccionados por orde de maior a menor puntuación dentro de cada titulación universitaria ou especialidade no caso dos técnicos de FP2.

8. Adscrición dos bolseiros.

Unha vez valoradas as solicitudes convocaranse os que resulten seleccionados para proceder á súa adscrición ás empresas comezado en cada especialidade/titulación polo candidato de maior puntuación, que poderá elixir calquera das empresas habilitadas que solicitase bolseiro da súa titulación/especialidade; unha vez que o bolseiro elixa, as prazas restantes desa titulación/especialidade serán ofertadas ó seguinte candidato, procedéndose así ata cubrir tódalas prazas. De non haber suficientes candidatos, as prazas quedarán desertas.

9. Resolución do concurso.

Unha vez adscritos os bolseiros ás empresas, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento dictará resolución adxudicando bolsa a aqueles solicitantes que fosen adscritos a algunha empresa. Esta resolución publicarase no DOG.

10. Pagamento.

As bolsas aboaranse mediante pagamento mensuais ós bolseiros; previamente ó último pagamentos, o bolseiro deberá presentar unha declaración conxunta das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como os pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes dos seus entes ou sociedades.

11. Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado ou co desfrute doutra bolsa.

12. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase inmediatamente á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste caso, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá propoñe-la adxudicación da bolsa a outro candidato tendo en conta a lista de suplentes que elabore a comisión de selección.

ANEXO IV

Bolsas para realizar estadías en centros de investigación de fóra de Galicia ou para asistir a cursos de especialización

Trátase dunha acción complementaria das axudas convocadas no anexo V da Orde do 29 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) e con ela preténdese complementa-la formación dos nosos

investigadores facilitando a súa mobilidade a centros de investigación de fóra de Galicia.

1. Solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas os doutores e titulados superiores vinculados a centros de investigación sectoriais non universitarios dependentes da Xunta de Galicia, centros tecnolóxicos, institutos universitarios e empresas de Galicia, co fin de realizar actividades de I+D en cursos de especialización en técnicos ou metodoloxías de investigación en centros de fóra da Comunidade Autónoma.

2. Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

2.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

2.2. Unha asignación mensual que estará comprendida entre 90.000 e 200.000 ptas. brutas segundo as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante e as particularidades do plan de traballo que se vai desenvolver.

3. Forma de pagamento.

Os pagamentos da bolsa faranse por trimestres adiantados e de acordo coa normativa vixente. Previamente ó ultimo pagamento, o bolseiro deberá presentar unha declaración xurada na que conste que non recibiu outra bolsa para o mesmo fin así como daquelas pendentes de resolución das distintas administracións públicas ou dos seus órganos, entes ou sociedades.

4. Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberá desfrutarse antes do 31 de decembro de 2000 e a súa iniciación non poderá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no DOG.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-16 (que se publica como anexo a esta orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e en Internet nos enderezos: http://www.xunta. es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http//www.cesga.es/sxid), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación á que se fai referencia na base 7, remata o día 28 de abril de 2000.

6. Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán ir inescusablemente xunto coa seguinte documentación:

1. Documento que acredite a vinculación do solicitante con algunha das entidades indicadas no punto 1 das presentes bases (documento orixinal o fotocopia cotexada).

2. No caso de titulados superiores (non doutorados) certificación académica dos estudios de licenciatura (orixinal ou copia cotexada). No caso de doutores deberán acreditar esta condición.

3. Relación das 5 publicacións máis salientables. Breve memoria na que se resuma a actividade que vai realiza-lo solicitante durante a estadía, e a súa relación coa actividade habitual do solicitante.

4. Aceptación do centro de destino onde se vai realiza-lo traballo. No caso de cursos de especialización enviarase a solicitude de inscrición no curso e o seu programa.

5. Autorización para realiza-la estadía ou para asistir ó curso mediante certificación expedida polo director do correspondente centro ou polo responsable do persoal no caso de empresas.

6. Declaración xurada de tódalas bolsas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

7. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que presente a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non facelo, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

8. Selección.

A selección dos bolseiros será realizada por unha comisión designada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario.

A selección realizarase conforme os seguintes criterios:

a) Expediente académico de licenciatura: ata 4 puntos: este mérito valorarase só para os candidatos que non sexan doutores.

b) Publicacións:

-Para non doutores ata 1 punto.

-Para doutores ata 5 puntos.

c) Memoria das actividades que se van realizar durante a estadía: ata 2 puntos.

A comisión daralle prioridade a aquelas solicitudes relativas ós programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (tecnoloxías da información e das comunicacións, investigación agraria, ambiente, investigación mariña e biotecnoloxías) así como aquelas solicitudes relativas ás accións de especial interese no contexto do plan.

9. Resolución.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da acción.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de incorporación ó centro de destino e unha vez incorporados deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 4 destas bases, deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo de informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Os bolseiros, nos dous meses seguintes ó remate do período de desfrute, deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o traballo realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

11. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nestas bases; así mesmo, entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

12. Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar da publicación na que se recolla.

13. Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que poderá propo-la adxudicación

da bolsa a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes que elabore a comisión de selección.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puidesen xurdir na aplicación desta convocatoria.

ANEXO V

Axudas para incorporación de investigadores visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma

A finalidade destas axudas é potencia-la cooperación entre a comunidade científica de Galicia e investigadores de fóra de Galicia co fin de fomenta-lo intercambio de coñecementos no ámbito da investigación tanto básica como aplicada.

1. Solicitantes.

As axudas no modelo oficial PXI-17 que se publica como anexo a esta orde, e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e en Internet nos enderezos: http://www.xunta.es//conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid poderán ser presentadas unicamente polas universidades de Galicia, pola coordinadora institucional en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), polo representante en Galicia do Instituto Español de Oceanografía (IEO), ou polos responsables dos centros de investigación da Xunta de Galicia.

As solicitudes deberán referirse a investigadores de fóra de Galicia e irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae do investigador que se desexa invitar.

b) Fotocopia do DNI ou pasaporte do investigador invitado.

c) Breve memoria relativa á actividade que se vai realizar durante a estadía con indicación da duración da estadía en meses.

d) Declaración de tódalas axudas solicitadas tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

e) O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de abril de 2000.

2. Contía.

A contía das axudas estará comprendida entre 250.000 e 300.000 ptas. mensuais.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes presentadas comprobando se é correcta a documentación achegada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende

os erros detectados no prazo de dez días advertíndolle que, de non facelo, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola comisión designada polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, actuando un dos seus membros como presidente e outro como secretario, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A selección farase tendo en conta os seguintes criterios:

a) Méritos do candidato proposto.

b) Interese científico-técnico da actividade que vai realiza-lo candidato.

c) Achega que o candidato pode ofrecer á investigación do/s grupo/s receptor/es.

d) A comisión daralle prioridade a aquelas solicitudes relativas ós programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (tecnoloxías da información e das comunicacións, investigación agraria, ambiente, investigación mariña e biotecnoloxías) así como aquelas solicitudes relativas ás accións de especial interese no contexto do plan.

5. Libramento da axuda.

As axudas faranse efectivas mediante libramento directo ó organismo ó que se incorporará o investigador visitante, logo de presentación da documentación seguinte:

-Xustificación da universidade ou organismo correspondente na que conste que se realizou a estadía do investigador indicando o período en que aquela tivo lugar.

-Memoria na que se resuman as actividades realizadas polo investigador visitante.

-Declaración xurada de tódalas axudas solicitadas e pendentes de resolución ou concedidas para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes.

No caso de que axudas desta modalidade se imputen á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0, tal como se prevé no artigo 2º desta orde, o pagamento destas axudas realizarase mediante libramento directo mensual ó profesor visitante a partir do momento que acredite o inicio da súa actividade. Antes do último pagamento deberá presentar declaración de tódalas axudas solicitadas tanto aprobadas como concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO VI

Ramas, especialidades, módulos e ciclos superiores que poden ser solicitados polos centros na convocatoria de bolsas para especialistas de FP2 no ano 2000

A. Ramas e especialidades correspondentes ó plan anterior á reforma do ensino secundario:

RamaEspecialidade

-Administrativa e comercial:-Contabilidade-Informática de empresa-Informática de xestión-Secretariado bilingüe

-Agraria:-Admón. e xestión de empresas agrarias-Explotacións agropecuarias-Mecanización agraria-Viticultura e enotecnia

-Artes gráficas:-Impresión-Reproducción fotomecánica

-Automoción:-Mecánica e electricidade do automóbil

-Construcción e obras:-Fontanería

-Delineación:-Delineación en edificios e obras-Delineación industrial

-Electricidade e electrónica:-Electrónica de comunicacións-Electrónica industrial-Equipos informáticos-Instalacións frigoríficas e climatización-Instalacións e liñas eléctricas-Mantemento electromecánico-Máquinas eléctricas

-Madeira:-Deseño e fabricación de mobles-Ebanistería

-Marítimo-pesqueira:-Cultivos mariños-Electricidade naval-Mecánica naval-Pesca marítima

-Metal:-Automatismo pneumáticos e oleohidráulicos-Moda e confección:-Confección industrial de pezas de roupa exteriores

-Perruquería e estética:-Estética-Perruquería

-Química:-Análise e procesos básicos

-Sanitaria:-Anatomía patolóxica-Coidador de diminuídos psíquicos-Dietética e nutrición-Hixienista dental-Laboratorio-Protésico dental-Radiodiagnóstico

-Servicios socioculturais:-Xardíns de infancia

B. Módulos profesionais (M3) impartidos en Galicia durante os cursos académicos 1994-1995/1995-1996 e 1996/1997:

RamaMódulos

-Administrativa e comercial:-Administración de empresas-Comercio exterior-Secretariado executivo multilingüe

-Agraria:-Aproveitamentos forestais e conservación da natureza-Hortofructicultura

-Electricidade e electrónica:-Mantemento en instalacións e servicios-Sistemas automáticos e programables

-Imaxe e son:-Mantemento e operacións técnicas de equipo de radio e TV.-Operacións de imaxe e sons-Realización, producción e operacións de programación audiovisual

-Metal:-Fabricación mecánica

-Servicios á comunidade:-Actividades físicas e animación deportiva

-Servicios socioculturais:-Educador infantil

C. Réxime de ensinanzas especializadas que se imparten nas escolas de artes e oficios artísticos:

Especialidade:-Artes aplicadas da escultura.-Cerámica.-Cerámica artística.-Deseño gráfico.-Deseño de interiores.-Deseño do moble.-Deseño de moda.-Deseño en ouro e xoiería.-Fotografía.-Gráfica publicitaria.-Gravado calcográfico.-Proxectos e dirección de obras de decoración.-Talla artística en pedra.-Talla de madeira.-Volume.-Xoiería artística.

D. Ciclos formativos das ensinanzas de FP2, grao superior:

Familias profesionaisEspecialidade

-Actividades agrarias:-Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

-Actividades físicas e deportivas:-Animación de actividades físicas e deportivas

-Actividades marítimo-pesqueiras:-Producción acuícola

-Administración:-Administración e finanzas

-Comercio e márketing:-Comercio internacional-Xestión comercial e marketing

-Comunicación, imaxe e son:-Imaxe-Producción de audiovisuais, radio e espectáculos-Realización de audiovisuais e espectáculos-Son

-Edificación e obra civil:-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción

-Electricidade e electrónica:-Desenvolvemento producción electrónica-Instalacións electrónicas-Sistemas de regulación e control automático-Sistemas telecomunicación e informática

-Fabricación mecánica:-Producción por mecanización
-Hostalería e turismo:-Axencias de viaxes-Información e comercialización turística-Restauración

-Informática:-Administración de sistemas informáticos-Desenvolvemento de aplicacións informáticas

-Mantemento de vehículos

autopropulsados:

-Automoción

-Mantemento de servicios

á producción:

-Desenvolvemento de proxectos de instalación de fluídos, térmicas e manutención-Mantemento equipo industrial-Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e proceso

-Química:-Análise e control-Química ambiental

-Sanidade: -Dietética-Documentación sanitaria-Hixiene bucodental-Anatomía patolóxica e citoloxía

-Servicios socioculturais

á comunidade:

-Educación infantil