Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, publícase un extracto do anuncio publicado no BOP de Pontevedra nº 50 do 13-3-2000.

Obxecto: provisión de dunha praza de técnico de xestión tributaria.

Modalidade de selección: concurso-oposición.

Requisitos dos aspirantes: español ou cidadán da CE, ter cumpridos 18 anos e non exceder de 55, título de licenciado universitario, non padecer doenza física que impida o desempeño das funcións propias do cargo e non estar separado do servicio das administracións públicas mediante expediente disciplinario, non estar inhabilitado para o exercicio da función pública, e ingresar 10.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Solicitudes e admisión: o prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.

Lalín, 21 de marzo de 2000.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental