Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 15 de febreiro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a reordenación de aliñacións e volumes da parcela nº 403 do parcelario do catastro do núcleo urbano de Boiro, promovido pola entidade Construcciones Tubío, S.L., e redactado pola arquitecta Luisa García Gil.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Alternativamente, poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo

perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Boiro, 8 de marzo de 2000.

Ramón Rodríguez García

Alcalde