Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, publícase un extracto do anuncio publicado no BOP de Pontevedra nº 50 do 13-3-2000.
Obxecto: provisión de dúas prazas de auxiliar administrativo.
Modalidade de selección: concurso-oposición.
Requisitos dos aspirantes: español ou cidadán da CE, ter cumpridos 18 anos e non exceder de 55, título de graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente, non padecer doenza física que impida o desempeño das funcións propias do cargo e non estar separado do servicio das administracións públicas mediante expediente disciplinario, non estar inhabilitado para o exercicio da función pública, e ingresar 5.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.
Solicitudes e admisión: o prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.
Lalín, 21 de marzo de 2000.
Camilo González Bodaño
Alcalde accidental