Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso público 3/2000, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

-Subministracións.

Expediente nº 2000/1013.

Obxecto: equipamento para o laboratorio de sistemas eléctricos de potencia.

Centro e localidade: Escola Universitaria Politécnica (Ferrol).

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 28.400.000 ptas.

Garantía provisional: 568.000 ptas.

Expediente nº 2000/1014.

Obxecto: equipamento hostaleiro para a cafetería.

Centro e localidade: Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Riazor).

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.582.281 ptas.

Garantía provisional: 151.646 ptas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro xeral.

2. Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

3. Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 8 de marzo de 2000.

P.D. (R. 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente da Universidade da Coruña